Para superar a asignatura é imprescindible: - acadar unha calificación mínima de 5 puntos. - obter unha calificación mínima de 1,5 puntos na metodoloxía de traballo tutelado. - realizar a proba práctica, de execución de tarefas reais. - obter unha cualificación mínima de 1,5 puntos no estudo de casos/análise de situacións. Nas convocatorias correspondentes a un mesmo curso académico, se conservan as cualificacións obtidas polo alumnado. Será necesario repetir as metodoloxías necesarias para conseguir os tres criterios anteriormente mencionados. Os traballos para ser avaliados deben ser entregados estrictamente nas datas determinadas pola profesora, que serán comunicadas xunto coa proposta dos mesmos. A entrega dos traballos será en formato papel, a excepción daqueles casos nos que se especifique o contrario. Cando o traballo non se entregue persoalmente á profesora, debe adxuntarse unha copia por correo electrónico simultáneamente a súa entrega no caixa de correos da facultade. |