Estudo de casos/análises de situacións |
BALONMÁN: Para a adquisición de competencias do profesorado no deseño de progresións, metodoloxías didácticas acordes á situación ou caso proporanse diferentes casos prácticos que requirirán a toma de decisión dos elementos didácticos máis adecuados ao mesmo. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
BALONMÁN: Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia: por exemplo,
1. o deseño e representación gráfica de situacións de xogo en función duns obxectivos e contidos didácticos previamente expostos.
2. o deseño dunha sesión práctica de 45 minutos cuns obxectivos e contidos didácticos do balonmán concretos. O alumnado deberá asignar contidos e tarefas didácticas
para cada unha das partes da sesión.
Poderase solicitar ao alumnado que represente nas prácticas de laboratorio a sesión como medio de desenvolvemento das competencias didácticas específicas do baloncesto e/ou balonmán que se pretenden
desenvolver na materia.
Sería recomendable, por non dicir obrigatoria, polo menos unha tutoría no horario do profesorado,
para a revisión da devandita sesión previamente á entrega e impartición definitiva. |