Desenvolverase, desde a exploración de materiais técnicos de captación e manipulación de imaxe e son, todo o poder intelecto-emocional dos novos procesos narrativos visuais xurdidos do contexto posmoderno, do auxe mass mediático e dos novos produtos de goce cultural. A partir de todo isto, exponse unha investigación dos elementos implicados en potenciar a comunicación coa obra como canle de comunicación coas formulacións do artista, é dicir, os dispositivos e técnicas expositivas e interactivas de nivel perceptivo e a creación e deseño de espazos de instalación e sostemento para as obras audiovisuais multimedia.