Prácticas de laboratorio |
O profesor explicará os procedementos e técnicas necesarios, así como os seus fundamentos, tanto no referente á fotografía dixital como á fotografía analóxica en branco e negro, da que se realizará o proceso completo.
Na resolución das propostas formuladas ao longo do curso, o profesor fará un seguimento personalizado semanal do traballo do alumno, facendo as observacións e preguntas que considere pertinentes, dándolle a coñecer a obra dos autores referenciais precisos e subministrándolle a bibliografía adecuada para as súas propostas.
Potenciarase a participación e o debate tanto na formulación dos exercicios como na presentación dos seus resultados. Potenciarase, así mesmo, o debate sobre a obra dos diferentes autores presentados.
TITORÍAS: Martes de 8 1/2 a 14 1/2
Despacho de Manuel Sendón no departamento de pintura.
msendon@uvigo.es
Ignacio Pérez Jofre:
Luns; 8,30-10,30
Martes; 8,30-12,30
|
|