Coñecemento dos recursos fundamentais da arte de acción: o corpo, o tempo e o espazo. |
O CORPO: aproximación á presenza do corpo entendida como soporte da práctica artística contemporánea.
O corpo como instrumento comunicativo na arte de acción.
O corpo como axente, o corpo como personaxe e o corpo como materia.
A importancia do corpo noutros procesos artísticos de carácter performativo.
O TEMPO: a consciencia do tempo subxectivo. Relación tempo-espazo.
O tempo como elemento construtivo da acción: casos de estudo fundamentais.
Tempo real e tempo virtual nas artes de acción. O ESPAZO: o contexto espacial como axente activo de significado.
Sentir e crear o espazo.
Os espazos heteroxéneos da arte de acción.
|
Periferias da acción. |
A pesar de que a arte de acción é unha práctica que normalmente non se produce e presenta mediante as institucións oficiais da arte (galería, museo, organismo institucional/gobernamental) ten unha presenza cada vez máis importante no panorama oficial das artes visuais dentro do que poderíamos denominar o primeiro mundo.
Neste bloque temático analizaremos e observaremos o comportamento daquelas prácticas performativas que teñen lugar fóra deste panorama primeiromundista. A través deste estudo tentaremos localizar as diferenzas, particularidades ou semellanzas que existen entre a arte de acción dos centros e a arte de acción que se produce no que, dun xeito xeral, se pode denominar periferia artística. Para abordar esta análise deberemos entender o concepto «periferia» nun sentido amplo que transcende o puro límite xeográfico.
|