“Arte e contemporaneidade” é unha materia transversal pertencente ao módulo dos contextos artísticos e dedicada a afrontar os aspectos máis circunstanciais e de época da arte, tanto pola súa significación social como cultural. Esta materia pretende que o alumno coñeza e analice aquelas prácticas artísticas que se desenvolven na actualidade e que as relacione con aqueles conceptos establecidos na idea de contemporaneidade.