Sesión maxistral |
Exposición por parte das profesoras na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Simulación de casos, resolución de casos prácticos, rol-playing, análise de situacións-problema referidas aos distintos ámbitos de intervención. Profundizarase nos modelos/estratexias de intervención e na metodoloxía. Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnose e adestramento en procedementos alternativos de solución. |
Presentacións/exposicións |
Traballo persoal dos e das estudantes. Exposición por parte do alumnado ante as docentes e o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado.Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos. |