(Poden sufrir algunha variación atendendo a circunstancias imprevistas.) Haberá dous sistemas de avaliación, que o alumno/a deberá especificar na ficha de identificación persoal entregada aos profesores nas dúas primeiras semanas do curso: Criterios de avaliación para ASISTENTES .Considéranse asistentes os que acuden a un mínimo do 80% das clases teóricas, clases prácticas e titorizacions en aula. A asistencia mídese por controles de aula diarios/aleatorios . A cualificación final puntuarase segundo a normativa vixente de 0 a 10. Para superar a materia será preciso obter un mínimo de 5 na parte teórica (proba tipo test) e un 5 na parte práctica ( traballos tutelados, estudos de casos/análise de situacións e presentacións/exposicións). Na parte práctica farase avaliación continua das actividades. Criterios de avaliación para NON ASISTENTES (aquel@s que se notifican como non asistentes ou acuden menos dun 80%): Superación exame escrito tipo test sobre os contidos teóricos e prácticos do programa da materia. (60 %) Proba escrita para desenvolver algún dos aspectos teóricos e prácticos da materia (40%). Daranse tres opcións para desenvolver dúas. Para aprobar a materia será necesario ter aprobado tanto o exame tipo test como a proba escrita.
Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de de condicións equivalentes de avaliación. Fecha de examen: 19 de Decembro ás 16 horas. Fecha de revisión de examen: 29
de xaneiro.
De no ter superada a materia as competencias no adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo.
Convocatoria de Xullo:
Fecha de examen: 7 de Xullo ás 16 horas. Fecha de revisión de examen: 16 de Xullo.
|