Outros comentarios: Avaliación de alumnos/as no asistentes: Terán a consideración de non asistentes, aqueles alumnos/as que non teñan acadado o 80% da asistencia as sesión presenciais, ou ben aqueles que antes da primeira semana de novembro non houbesen notificado a o profesor a modalidade de asistencia elixida. Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios, sendo obrigatorio para a superación da materia, ter participado nos tres primeiros apartados, doscatro que a continuación se describen, e obter a cualificación final superior a cinco, como resultado da aplicación da seguinte formula: PF= ne + p + rt + pv PF=Puntuación final na asignatura. ne=Nota examen. p= Cualificación da práctica. rt= Revisión teórica sobre un tema. pv= Puntuación na práctica voluntaria. 1. Proba obxectiva: Ata 10 puntos, debendo o alumno/a acadar un mínimo de 5 puntos para superala asignatura (a nota total suporá o 55% da cualificación da asignatura). 2. Traballo individual tutelado: Valorarase ata 2.5 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 1. Unha puntuación por debaixo de esta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 25% da cualificación do alumno). 3. Revisión teórica: ata 1.5 punto pola realización dun traballo teórico tutelado referido a unha temática relacionada co temario teórico-práctico da asignatura (a nota total suporá o 10% da cualificación do alumno). 4.Traballos voluntarios: ata 1 punto, que unicamente se sumarán se o alumno obtén, a lo menos as puntuacións mínimas nas actividades básicas de cualificación (proba obxectiva, traballo individual e revisión teórica). Datas importantes: Exposición de traballos: a partir do
13 abril Entrega de traballos: 4 maio Exame: 15 de maio de 2015 as 10 h.(revisión
de notas: 9 de xunio de 11-12h.) Exame xulio: 2 de xulio de 2015 as 10 h.(revisión de notas: 16 xulio de 11-12h.) Para a convocatoria de xullo conservaranse as calificacións das competencias acadadas polo alumnado nas probas superadas na convocatoria de xuño. É dicir,na convocatoria de xullo examinaranse só das competencias/partes/probas non superadas na convocatoria anterior. |