Alumnado non presencial: - O alumnado que non poda asistir a clase regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir á tutorización dos traballos, realizará as seguintes probas;unha proba de contidos teóricos (60%), un traballo sobre un tema relacionado cos contidos do programa (20%), o resumo dos libros: Educación e xénero. O coñecemento invisible e De mulleres, sobre mulleres e Educación, apuntados na bibliografía básica (20%), sendo necesario obter , polo menos, o aprobado en cada unha das probas para superar a materia. Segunda convocatoria: O alumnado que supere algunhas das probas ou actividades, obxecto de avaliación, conservaráselle a cualificación da parte aprobada ata a convocatoria de Xullo. As probas non superadas serán avaliadas nesa convocatoria. Para aprobar a materia o alumnado presencial e o non presencial deberá ter un 50% en cada unha das probas obxecto de avaliación Para a data do exame consultar a seguinte dirección web: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |