Estudo de casos/análises de situacións |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Realizarase xeralmente dentro das sesións maxistrais, tratando así de que se fagan máis participativas e propicien a realización de exercicios escritos que se poidan recoller e avaliar.
|
Traballos tutelados |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e redacción de informe. Nesta asignatura o principal traballo tutelado será o dun proxecto de análise de necesidades socioeducativas. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. Nesta materia concreta aplicarase a estudos de caso e análise de situacións relacionadas co diagnóstico e análise de necesidades socioeducativas. |