Sesión maxistral |
Síntese dos temas por parte do profesorado.
Presentación de materiais básicos para o traballo de cada tema.
Establecemento das pautas para: a preparación xeral da materia, a análise das lecturas obrigatorias, a realización de traballos e a exposición de traballos.
Moderación de debates en grupos.
Organización e revisión das actividades individuais e grupais realizadas na aula.
Organización e revisión das exposicións dos estudantes diante da clase.
|
Traballos de aula |
Os/as estudantes desenvolverán exercicios na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do/a estudante. |
Presentacións/exposicións |
Intervención do alumnado baseada na exposición verbal apoiada, se procede, co emprego de recursos didácticos ou dos traballos tutelados que completan algún contido da materia. |