O alumnado que se presente á convocatoria do primeiro periodo realizará o exame de resposta curta coa data prevista e presentará o cartafol con todas as prácticas da materia (prácticas de aula, prácticas externas, traballos e resolución de casos prácticos). O alumnado que xa superase unha parte (teórica ou práctica) só se examinará no mes de xullo da parte suspensa. O alumnado non asistente ás clases presenciais terase que pór en contacto co profesor antes do 1 de outubro para acordar o sistema de titorización das prácticas externas, obradoiros, elaboración do cartafol e explicación do exame, así como o seguimento do progreso da materia. Esta titorización poderá ser presencial, telefónica ou por e-mail. A ponderación da avaliación dos alumnos non asistentes será igual á dos alumnos asitentes, cambiando a metodoloxía dos obradoiros para adaptarse ás circunstancias persoais e favorecer así o proceso de ensino aprendizaxe. Datas dos exames: Primeiro periodo: 17 de decembro de 2014 ás 16:00 horas. Revisión no despacho do profesor o 29 de xaneiro. Convocatoria de xullo: 3 de xullo de 2015 ás 16 horas. Revisión no despacho do profesor o 16 de xullo. Convocatoria fin de carreira: 17 de outubro ás 16:00 horas. Revisión no despacho do profesor o 4 de novembro. |