A importancia da creatividade artística no contexto da educación, da arte, da cultura e da sociedade contemporáneas resulta indiscutible por canto a transformación e a diversidade dos patróns culturais están estreitamente vencellados co potencial da imaxinación construtora e da carga emotiva da obra de arte, co desenvolvemento dun pensamento orixinal e innovador e cunha forma de actuar diverxente que orienta e promove o desenvolvemento de obras artísticas novas e orixinais.
Co obradoiro de creatividade o alumno estuda os patróns estéticos subxacentes na contorna servíndose da investigación da plástica, e promovendo desta forma unha educación máis integra, unha concepción máis aberta e diverxente, un novo modelo idealista que xera descubrimentos co estudo das distintas técnicas artísticas e crea, desta forma, novas obras baixo unha concepción didáctica na que se potencia a sensibilidade respecto á contorna artística-plástica e a formación estética.