Actividades introdutorias |
Esta sesión servirá para presentarlle aos estudantes a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
|
Titoría en grupo |
A través delas o profesor facilitará e orientará os estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...). Computa na avaliación continua.
|
Traballos de aula |
Os estudantes, de forma individual ou en grupos, realizarán proxectos supervisados polo profesor. Computan na avaliación continua. |