Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
Materias
Turismo Interior e Rural
Avaliación
Descrición Cualificación
Foros de discusión Trátase de realizar un glosario colaborativo relacionado cos contidos da materia.

Cada participante do curso deberá de contribuír como mínimo con unha achega ao glosario (definición de concepto, expresión, proceso, etc. relevante para a disciplina) e realizar tamén dous comentarios a definicións incorporadas ao glosario previamente por outros/as compañeiros/as (aclaracións, correccións, ampliacións, críticas, puntualizacións, etc. ás definicións de outros/as)

- Valorarase a oportuna escolla de termos así como a súa definición.
- Valorarase tanto o número de achegas (mínimo 1) e o número de comentarios a achegas doutros/as compañeiro/as (mínimo 2), como, fundamentalmente, a calidade, rigor e relevancia dos mesmos.
- Así mesmo, valorarase o uso de fontes de información adecuadas e rigorosas para definir os vocábulos. Neste sentido, é obrigatorio que o alumnado indique sempre as referencias das fontes empregadas.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma 4 traballos ou exercicios prácticos, que versarán arredor de cada un dos temas da materia.
En cada traballo valorarase:
• Precisión e claridade na exposición das ideas principais.
• Orde e coherencia de argumentos.
• Capacidade analítica, de relación, e o sentido crítico.
• Corrección formal.
• Correcto uso das fontes e referencias bibliográficas.
75
Outros Proba de seguimento. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20

Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de xaneiro.

Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos traballos e probas.

Segunda convocatoria (xullo):

Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.

Alternativa b) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún dos traballos ou probas: os traballos e probas suspendidos poderanse recuperar na data oficial de xullo establecida para a avaliación da materia.

Esta Guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica do curso e/ou do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Achegaráselle ao alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000