A creación de empresas de base tecnolóxica asume especial importancia para o desenvolvemento económico e social dos países, sobre todo pola súa capacidade de xerar emprego e riqueza. A flexibilidade de actuación, que normalmente caracteriza este tipo de empresas, facilita a súa adaptabilidade ás necesidades do mercado e o xurdimento de innovacións, vía desenvolvemento de novos produtos, servizos e procesos.
A través da materia Creación de Empresas de Base tecnolóxica preténdese dotar ao alumnado de cualificacións técnicas e prácticas e de instrumentos de xestión e marketing, de modo a que estes sexan capaces de crear e /ou asesorar EBT, diagnosticando os seus problemas e auxiliando na procura activa de solucións para a resolución dos mesmos.