Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Economía de Redes: a Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 80
Probas de tipo test Proba para avaliación das competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba avaliada para poder compensala e superar a materia.

Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, poderán conservar a nota obtida en calquera das probas avaliadas, sempre que sexa superior a 5 (sobre 10) e realizar, unicamente, as probas nas que obtivesen unha nota inferior. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) nestas probas para poder compensalas e superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000