Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Temas Avanzados en Control de Xestión
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Cuestionarios nos que se consultará sobre as cuestiós teórico/prácticas que se espuxeron nas sesións. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20
Estudo de casos/análise de situacións Informes entregados polos alumnos nos que se recollerán as conclusións máis salientables dos casos prácticos entregados previamente. 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o
sistema de avaliación continua. Para ser avaliado deste xeito compre a
asistencia cando menos ao 80% das horas de docencia presencial.

Exame de segunda convocatoria:

Realizarase un exame no mes de xullo para aqueles alumnos e
alumnas
que non superasen a materia polo sistema de avaliación continua (debido
a non ter asistido a un mínimo do 80% das horas de docencia presencial,
ou ben debido a non ter superado a materia a través do conxunto de
métodos exposto anteriormente). Neste caso, a cualificación obtida no
exame constituirá o
100% da nota.

Observación:

Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados
suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000