(*)A materia configúrase como unha ferramenta básica para o coñecemento da situación económico-financeira da empresa, proporcionando ao alumno os instrumentos necesarios para favorecer a toma de decisións implícitas na xestión da empresa. A materia desenvolverase partindo dos fundamentos teóricos que sustentan a ciencia contable, para a continuación, introducirse na normativa legal que a formaliza e estudar en profundidade a problemática asociada á valoración e á análise dos estados financeiros, desde unha perspectiva práctica, co fin de achegar ao alumnado á interpretación dos mesmos e á toma de decisións en base á información neles contida.