Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Mercadotecnia relacional en s-business
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Estudo e análise de determinados casos para que o alumnado realize e propoña programas e accións de mk relacional on line. 20
Foros de discusión Espazo onde todo o alumnado terá acceso aos traballos e contribucións de toda a clase e sobre os que realizarán correccións, aportacións ou críticas. 5
Prácticas autónomas a través de TIC Desenvolvemento de traballos vinculados á asignatura a través das redes ou programas específicos. 10
Traballos e proxectos Presentación e defensa dos diferentes traballos executados ao longo do curso, así como dun programa de marketing relacional en s-business 35
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para avaliar o coñecemento teórico - práctico por parte do alumnado en relación á materia. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación establecida anteriormente é para o alumnado que opte por realizar AVALIACIÓN CONTINUA. A nota que obteñan das probas gardarase para a convocatoria do mesmo ano académico. Para realizar media co resto de notas, deberase acadar o 50% NA PROBA DE RESPOSTA CURTA.


Para o alumnado que opte por NON REALIZAR AVALIACIÓN CONTINUA, deberá presentarse con todo o material na data oficial da proba establecida no calendario escolar do cuadrimestre. A proba será de carácter teórico-práctico.

NOTA: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2013-2014
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000