Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Investigación de mercados
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Desenvolveranse diferentes presentacións ao longo do cuadrimestre en relación ao traballo a desenvolver. 25
Probas de resposta curta Proba para a avaliación dos coñecementos e competencias adquiridas. 20
Traballos e proxectos Realización dunha investigación de mercado sobre unha temática determinada en vinculación á área de coñecementos. Deberase desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia. 55
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación establecida anteriormente é para o alumnado que opte por realizar AVALIACIÓN CONTINUA. A nota que obteñan das probas gardarase para a convocatoria do mesmo ano académico. Para realizar media co resto de notas, deberase acadar o 50% NA PROBA DE RESPOSTA CURTA.


Para o alumnado que opte por NON REALIZAR AVALIACIÓN CONTINUA, deberá presentarse con todo o material na data oficial da proba establecida no calendario escolar do cuadrimestre. A proba será de carácter teórico-práctico.

NOTA: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2013-2014
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000