Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Contabilidade de xestión
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas en aulas de informática Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa individualmente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios baixo a supervisión do profesor. As tipoloxías que o autor considera máis adecuadas para esta materia son as probas de resposta breve e as probas de resposta múltiple. Ambas son probas obxectivas dirixidas a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Nas primeiras preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo. Pola súa banda, as probas de resposta múltiple consisten en expor unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000