Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión de destinos de interior
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Avaliación da asimilación de coñecementos 20
Probas de tipo test Exame final 50
Estudo de casos/análise de situacións Realización de casos prácticos ou análises de situacións 10
Traballos e proxectos Realización de traballos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase da avaliación das probas obxectivas periódicas, da realización de traballos tutelados e a realización dun exame final.

Exame final: consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Para aprobar a materia é necesario obter polo menos 5 puntos dun total de 10 pola realización do exame.

A nota final será a suma de ambas as partes, avaliación continua e exame. Para realizar a suma deberá terse aprobado o exame. Nota mínima para aprobar a materia: 5.

Segunda convocatoria:

A avaliación continua alcanzada durante o cuadrimestre gardarase para as convocatorias extraordinarias do presente curso académico.

Alumnos que non seguen avaliación continua:

Avaliarase ao alumno coa realización dun exame final que suporá o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Centro para o curso 2014-2015.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000