Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Programación e guía de itinerarios turísticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Análise e debate das alternativas nos casos presentados. 20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias
adquiridas que inclúen preguntas pechadas con
diferentes alternativas de resposta
(verdadeiro/falso, elección múltiple,
emparellamento de elementos...). Os alumnos
seleccionan unha resposta entre un número
limitado de posibilidades.
50
Traballos e proxectos Asistencia as sesións e Presentación das tarefas e procedementos desenvolvidos nos traballos tutelados. Entrega no formato requerido e defensa oral do tratamento de datos e dos resultados obtidos. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A materia será avaliada por un sistema de avaliación continua, a partires das competencias adquiridas. A cualificación final será a suma dos diferentes elementos avaliados tendo en conta aspectos teóricos e prácticos (final numérica de 0 a 10 pola lexislación vixente).
Casos particulares serán expostos o profesor/a da materia.
Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames  finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios: a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico que suporá o 70% da calificación final. b) Realización dun traballo que suporá o 30% da calificación final. Segunda convocatoria: Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo tutelado e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo en relación co temario da materia.

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso 2014-2015.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000