Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Fiscalidade de empresas turísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliación dos cuestionarios completados polo alumno. Poden corresponder tanto á parte teórica como á parte práctica da materia. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización individual de tres supostos prácticos ao longo do curso. 60
Estudo de casos/análise de situacións Realización escrita e presentación oral de exercicios. Ao longo do curso presentaránselles aos alumnos un ou varios exercicios teóricos ou prácticos, que deberán resolver en horas non presenciais. Estes exercicios serán presentados ao profesor de maneira escrita e oral. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

¿Que puntuación é necesaria para superar a materia en avaliación continua?

Para superar a materia é necesario obter polo menos 5 puntos na suma das tres metodoloxías de avaliación, e alcanzar polo menos o 25% da cualificación máxima en cada unha das
tres metodoloxías. Adicionalmente, para ser avaliado en avaliación continua deben cumprirse os requisitos sinalados no seguinte apartado.

¿Hai requisitos mínimos para permanecer en avaliación continua?

Si. Para manterse en avaliación continua o alumno debe presentarse aos tres supostos prácticos da metodoloxía "Probas de resposta longa, de desenvolvemento" e acadar un 25% da nota en xogo en cada un deles. No momento en que incumpra estes requisitos non poderá continuar a ser avaliado en avaliación continua, e a súa nota final de avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Se dita suma é igual ou superior ao 5, a nota final será un 4,9.

¿En que consiste o exame final?

O exame final está pensado para aqueles alumnos que non superen, ou non se presenten, á avaliación continua. Por tanto, valerá o 100% da
nota e incluirá probas similares ás de avaliación continua, e para superarlo deberá obterse polo menos un 5. A
cualificación obtida no exame final constituirá a nota final da materia para todos os que se presenten ao mesmo.

¿Quen pode presentarse ao exame final?

Aínda que está pensado para os que non superen a materia por avaliación continua, calquera pode presentarse ao exame final, pero tendo presente que a nota obtida substitúe en todo caso á de avaliación continua.

¿Quen figurará nas actas como non presentado?

Figurarán como non presentados aqueles alumnos que non se presenten a ningunha "Proba de resposta longa, de desenvolvemento", nin á "Estudo de casos/análise de situacións", nin ao exame final.

¿Como é a segunda convocatoria?

A segunda convocatoria consistirá nun exame final similar ao da primeira convocatoria.

¿Cando terán lugar as diferentes probas avaliables?

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-2015.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000