Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión de restauración
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Realización de actividades que complementan á sesión maxistral. Comentarios de lecturas de artículos. Realización de exercícios teórico prácticos. Exposicións de actividades, etc.
Actitude participativa.
15
Titoría en grupo Seguimento titorial da evolución do traballo final en grupo. 5
Presentacións/exposicións Exposición e defensa dun traballo final en grupo que se realizará ao longo do curso.

15
Traballos e proxectos Realización dun traballlo de investigación en grupo sobre algún aspecto do sector da restauración. 15
Probas de resposta curta Exame sobre os contidos teórico prácticos da materia. Incluirá preguntas teóricas e algún exercicio práctico.Pode plantearse algunha pregunta a desenvolver 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos poderán escoller entre as seguintes modalidades segundo o seu grado de disponibilidade para asistir as aulas:

1) AVALIACIÓN CONTINUA

A planificación da materia supón a aplicación dun sistema de avaliación contínua, polo que a cualificación final se obterá do traballo do alumno a través de traballos de aula, estudos de caso, traballo final, seguimento titorial, exposicións e realización dun examen final teórico e práctico.

- A asistencia necesaria para acollerse a esta modalidade será do 80%. Os alumnos que incumplan devandita porcentaxe terán
que realizar un exame final que representará o 100% da cualificación.

- Estas condicións son aplicables nas convocatorias do mesmo curso académico.

-  Para ter en conta as cualificacións dos traballos de aula, estudos de casos, exposiciones e traballo final é necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final.






2) AVALIACIÓN NON CONTINUA


Poderán optar a ela todos os os alumnos non acollidos a modalidade de avaliación anterior. Consistente nun examen teórico e práctico de toda a materia do curso, que representa o 100% da nota.


- Tódolos alumnos deberán entregar ó profesor unha ficha adecuadamente cuberta cos seus datos e una foto recente durante as primeiras semanas de clases.


As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son
as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso 2014-15

 

 

 

 

 

 

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000