Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión de recursos humanos en empresas turísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de avaliación continua. Deberase entregar unha serie de casos prácticos que se realizarán ao longo do curso, tanto de forma individualizada como conxunta. 25
Presentacións/exposicións Proba de avaliación continua. Realizaranse unha serie de presentacións de traballos propostos polo docente durante o curso. Algúns serán en segundo idioma. 8
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para avaliar o coñecemento teórico - práctico por parte do alumnado en relación á materia. 55
Cartafol/dossier Elaboración dun portfolio onde se recollerán parte dos traballos realizados ao longo do curso, así como outros materiais. 12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación establecida anteriormente é para o alumnado que opte por realizar AVALIACIÓN CONTINUA. A nota que obteñan das probas gardarase para a convocatoria do mesmo ano académico. Para realizar media co resto de notas, deberase acadar o 50% NA PROBA DE RESPOSTA LONGA.


Para o alumnado que opte por NON REALIZAR AVALIACIÓN CONTINUA, deberá presentarse con todo o material nas datas oficiais da proba establecidas no calendario escolar do centro. A proba será de carácter teórico-práctico.

NOTA: As datas e horarios das
probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso
2014-2015
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000