Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Mercadotecnia turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Entregaranse casos e exercicios que haberá que resolver 40
Probas de tipo test Exame tipo test de entre 50 e 100 preguntas válidas 35
Probas de resposta curta Preguntas curtas relativas ao temario 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A descrición desta guía esta pensada para a modalidade presencial. A nota obtida polo alumno na parte presencial terá vixencia para as convocatorias ás que da dereito a matrícula de cada curso académico.

*A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc

Avaliación continua:

A nota final será o resultado de:

a) Realización de varios exercicios/casos prácticos individuais e/ou en grupo. Para a avaliación poderá esixirse unha defensa oral do caso (40%)

b) Un exame ao finalizar a materia no que se medirán os coñecementos teóricos acadados (60%)

c) É necesario alcanzar un mínimo dun 4.5 en cada parte para poder compensala e superar a materia

Avaliación ordinaria:

Seguirán este proceso os estudantes que non sigan a avaliación continua ou aqueles que seguíndoa non acaden os mínimos establecidos. neste caso, o exame consistirá nunha proba na que se plantexarán preguntas teóricas e outra na que haberá un caso práctico. Para medir as habilidades de comunicación do estudante pode establecerse que unha ou as dúas probas se realicen de forma oral.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-2015

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000