Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Consistirán na realización de cuestionarios vinculados ás sesións Maxistrais, Prácticas de Laboratorio, Lecturas, Debates e demais exercicios complementarios propostos. 60
Probas de resposta curta Consistirán na realización de probas de resposta curta vinculados ás sesións Maxistrais, Prácticas de Laboratorio, Lecturas, Debates e demais exercicios complementarios propostos. 30
Observación sistemática Basearase na asistencia e participación do alumnado nas actividades de avaliación continua propostas durante o curso, incluida a entrega de traballos de tipo voluntario propostos durante o período docente. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia será continua. A nota final confígurase a partir de probas test e de resposta curta sobre os contidos da materia, e a partir da observación da participación do alumnado nas actividades do curso (asistencia e participación activa nas clases, entrega de actividades voluntarias). O alumnado que supere a materia mediante avaliación continua non precisará presentarse ó exame final da materia.

Aqueles alumnos que non acaden un rendemento satisfactorio mínimo poderan ser suspendidos do sistema de avaliación continua antes de rematar o curso. Poderá realizarse unha  primeira avaliación de rendemento no primeiro mes do curso. Asimesmo, é preciso presentarse a todas as probas e actividades avaliables (excepto ás actividades calificadas como voluntarias) para ter a posibilidade de ser avaliado/a mediante avaliación continua.

Cando non proceda a avaliación continua realizarase un exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test e de resposta curta sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%.

O exame correspondente á segunda e posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final.

Os estudantes que non participen na avaliación continua nin realicen o exame final, figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurará nas actas como suspenso. O alumnado que aprobe a avaliación continua e desexe subir nota, poderá presentarse ó exame final (nese caso a nota do exame final sustituirá a todos os efectos á nota obtida mediante avaliación continua).

As datas e horarios da probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-15.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000