Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Dereito: Lexislación turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve sobre a base dos coñecementos que teñen sobre a materia. 60%
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que os alumnos deben solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios, realizar probas tipo test, realizar e/ou expoñer un traballo sobre un tema determinado nun tempo/condicións establecido/as polo profesor, etc. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 






 

Primeira oportunidade de exame

1.- Ao inicio do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de
acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, os/as profesores
da materia proporcionaránlle un documento que o/a alumno/a deberá
cumprimentar e asinar nun determinado prazo.

2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua,
entregando o documento sinalado, será avaliado consonte os criterios
máis arriba indicados (distintas probas ao longo do curso -40% da
calificación- e proba final obxectiva -60%) e non terá dereito a ser
avaliado mediante exame final que represente o 100% da calificación
da materia.

3.- O/a alumno/a que non asine dito documento non terá dereito a ser
avaliado consonte ao sistema de avaliación continua. Avaliarase
mediante unha proba final obxectiva que representará o 100% da súa
calificación final.

Segunda oportunidade de exame

1.- No exame de xuño/xullo só se realizará unha proba final
obxectiva. Aos alumnos que se someterán ao  sistema de
avaliación continua conservaráselle a nota de dito sistema. Esto è, se o/a
alumno/a non aprobase a materia na primeira oportunidade de exame,
conservaríasellese a nota do proceso de avaliación continua en xuño/xullo.
Pero se non aprobase a materia nos dous citados exames do curso académico,
pasando a outro diferente, tería obrigatoriamente que someterse de novo ao
proceso de avaliación continua e realizar a proba final obxectiva.

Exame fin de carreira

Para o exame de fin de carreira non se conservará a cualificación
de avaliación continua. O exame consistirá nunha proba final obxectiva que que
representará o 100% da súa calificación final.

NOTA IMPORTANTE: Para aprobala materia, o/a alumno/a deberá
superar cada un dos tres bloques temáticos nos que se divide
aquéla. Ademáis, a cualificación final correspondente a cada un destes bloques
temáticos calcularase tendo en conta a obtida nas probas finais
obxectivas e a correspondente ao sistema de avaliación continua -pero para
que poidan compensarse entre sí ámbalas dúas calificacións será preciso
obter unha puntuación mínima de 3 sobre 10 na proba final obxectiva-.

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso 2014-2015.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000