O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de xaneiro. Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos traballos e probas. Segunda convocatoria (xullo): Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota. Alternativa b) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún dos traballos ou probas: os traballos e probas suspendidos poderanse recuperar na data oficial de xullo establecida para a avaliación da materia. Estrutura das probas ou exames Tanto a proba incluída no sistema de avaliación continua como o exame global de xullo, terán a seguinte estrutura: - Unha primeira parte de cuestións relativas a conceptos básicos da materia. Será necesario obter unha nota mínima nesta parte da proba para poder realizar a seguinte parte.
- Unha segunda parte consistente en cuestións de relacionamento ou casos prácticos.
Esta Guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica do curso e/ou do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Achegaráselle ao alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. As datas e horarios das probas de avaliación foron aprobadas por Xunta
de Facultade e están disponibles na web da Facultade, en Docencia/Exames Observación importante: Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias. |