Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Planificación financeira
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliación mediante exercicios prácticos sobre os contidos prácticos expostos nas sesións maxistrais: 30%. 30
Titoría en grupo Avaliación da exposición da realización de forma autónoma ou en grupos de exercicios propostos nas sesións 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dunha proba escrita presencial sobre a adquisición de competencias de coñecemento, destrezas na práctica e adaptación a novas situacións. Poderase esixir un nivel mínimo para superala 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua (composta por apartado 1 e 2 seguintes):

1.- Probas descritas obxecto de cualificación que configurarán o 40% da nota.

2.- Exame escrito, que configura o 60% restante da nota. Este celebrarase ao final do cuadrimestre. Poderase esixir un nivel mínimo obrigatorio para superalo. A cualificación do alumno que non supere os mínimos contemplados, no seu caso, na proba será un suspenso.

Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua
por parte do estudante responsable.


Segunda convocatoria: Os alumnos que non alcanzaron nas distintas probas de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre a nota desexada ou para aqueles que non seguiron a avaliación continua realizarase unha proba global sobre o coñecemento de todos os contidos da materia, destrezas na práctica e adaptación a novas situacións. A nota que será tida en conta para a nota final será a desta última proba. Poderase esixir un nivel mínimo obrigatorio para superala. A cualificación do alumno que non supere os mínimos contemplados na proba será de suspenso.

_____________________________________________________________________________________________________

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2014-15.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000