Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do contido e obxectivos da materia. Metodoloxía de traballo e sistemas de control e
avaliación.
Sesión maxistral Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a
metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria.
Posteriormente o alumno deberá revisar de forma autónoma os contidos expostos.
Prácticas de laboratorio As sesións prácticas terán lugar en seminarios e en aulas de informática. En cada sesión se
proporán casos a estudar en grupos reducidos (de 3 alumnos no caso de seminarios e
individualizados no caso das prácticas informáticas) que deberán comentar, resolver e defender.
O alumno disporá previamente dos enunciados dos casos a través da Plataforma Tema e deberá
elaborar unha primeira proposta de solución xustificada que deberá entregar previamente ó
desenvolvemento da sesión presencial.
En todos os casos, o alumno disporá posteriormente da solución comentada que lle servirá de
material adicional de estudo.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas e /ou de exercicios
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000