Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de recursos humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Outros Inclúe resolución de problemas e exercicios, presentacions, exposicions, traballos e proxectos

Actividade A: Casos prácticos GM 25%
Actividade B: Nóminas e retribucións 25%
50
Outras Probas nas que se demostre a adquisición de competencias da materia
Actividade C: Proba temas 1-3 12,5%
Actividade D: Proba temas 4-7 17,5%
Actividade E: Proba final 20%
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Primeira convocatoria (xaneiro)



Alternativa a)
Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Para superar a avaliación continua
é obrigatorio obter como mínimo un 5 sobre 10 nas actividades avaliativas B, C,
D, E.





Para os estudantes
que sigan a avaliación continua e non teñan superado as actividades C ou D poderán
recuperar as actividades suspendidas na data oficial de xaneiro establecida
para o exame global de avaliación da materia.





Enténdese que
os estudantes que teñen algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto
de avaliación seguen a avaliación continua.





Alternativa
b) So para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame
global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota
final.





Segunda convocatoria (xullo):





Alternativa
a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do
exame será o 100% da nota.



Alternativa
b) Só para estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan
superado UNHA das actividades avaliativas B, C, D, E, poderá recuperar a
actividade suspendida na data oficial de xullo establecida para a proba de
avaliación da materia.



Esta Guía
docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na
materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir
reaxustes ó longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e/ou do
grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen
xurdir. Achegaráselle ó alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias
en cada momento do proceso formativo.

Observación: Calquera evidencia de
traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación
de suspenso nas dúas convocatorias.



As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso 2014-2015



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000