Tema 2. Relación laboral. Contrato de traballo e modalidades de contratación |
2.1. Distinción de figuras próximas. Valoración de indicios de dependencia e axenidade.
2.2. Referencia ás relacións laborais especiais.
2.3. Causas de temporalidade e fraude de lei.
2.4. Intermediación, fomento do emprego e relacións triangulares de traballo |
Tema 4. Vicisitudes da relación laboral. Especial referencia a empresas en crise |
4.1. Suspensión
4.2. Mobilidade xeográfica e modificación substancial de condicións de traballo (remisión ao tema 3).
4.3. Despedimento disciplinario: Confección e interpretación de liquidación e carta de despedimento. Consignación de indemnizacións. Redacción dunha papeleta de conciliación. Proceso de despedimento disciplinario e de impugnación de sancións. Reclamación ao Estado do pagamento de salarios de tramitación en xuízos por despedimento.
4.4. Extinción por causas obxectivas e despedimento colectivo por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción. Confección e interpretación de liquidación e carta de despedimento. Expediente de regulación de emprego. Consignación de indemnizacións. Redacción dunha papeleta de conciliación.
4.5. Resolución causal do contrato por vontade do traballador
4.6. Empresas en crise: análise de sistemas de regulación de equipo. Sistemas de negociación e pacto entre representantes dos traballadores e empresarios. Empresas en concurso |
Tema 6. Seguridade Social |
6.1. Prestacións: asesoramento sobre a prestación procedente, realización de diagnóstico a longo prazo para os efectos de tomar a decisión correspondente. Redacción de escritos de reclamación previa. Procesos en materia de prestacións de Seguridade Social.
6.2. Impugnación de actos de encadramento.
6.3. Impugnación de altas médicas.
6.4. Accidente de traballo ou enfermidade profesional. Recarga de prestacións e responsabilidade civil, administrativa e/ou penal.
6.5. Melloras voluntarias.
6.6. Aplicación dos Regulamentos comunitarios (CE) 883/2004, sobre a coordinación dos sistemas de seguridade social e 987/2009, polo que se adoptan as normas de aplicación |
Tema 7. Recursos e execución de sentenza |
7.1. O sistema de recursos. Recursos contra providencias, autos, dilixencias de ordenación e decretos. Recurso de suplicación. Recurso de casación. Casación para a unificación de doutrina. Remedios e recursos contra sentenzas firmes: audiencia ao demandado rebelde, nulidade de actuacións, erro xudicial, revisión de sentenzas, recurso de amparo.
7.2. Execución de sentenza. Execución provisional e definitiva. Execucións monetarias con especial referencia á insolvencia empresarial e á intervención do FOGASA. Execucións con especialidades: execución de sentenzas firmes de despedimento; execución de sentenzas firmes fronte a entes públicos; execución provisional de sentenzas condenatorias en materia de Seguridade Social; execución provisional de sentenzas condenatorias recaídas noutros procesos. |