A impartición e avaliación desta materia é responsabilidade de dúas áreas de coñecemento a área de Dereito Constitucional e a área de Dereito Internacional Público. -A área de Dereito Internacional impartirá as leccións 1-2; 5-8 e 13. Estas leccións impartiranse na primeira metade do primeiro cuadrimestre. -A área de Dereito Constitucional impartirá o resto do temario, é dicir, leccións 3-4; 9-12 e 14. Estas leccións impartiranse na segunda metade do primeiro cuadrimestre
En canto á avaliación final, cada unha das áreas de coñecemento que participan na materia ten un peso proporcional á súa carga docente: Dereito Internacional 50% e Dereito Constitucional 50%. Cada área, á hora de determinar a súa nota, farao seguindo os criterios establecidos na metodoloxía, é dicir, 80% exame final e 20% traballos de aula.
En relación á proba ou exame final escrito, esta proba constará de dous partes, unha por cada Área de coñecemento. Cada parte farase en follas independentes, para que cada profesor poida corrixir o seu parte. Para superar a materia é necesario obter un mínimo do 50% en cada parte. Os alumnos que seguisen o sistema de avaliación continua e se sometan á segunda oportunidade de exame ,só terán que realizar a parte teórica, que consistirá en preguntas de desarrollo, posto que conservarán a cualificación obtida nos traballos na aula. Os alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba a realizar constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento así como a resolución dun caso práctico, exame que, en todo caso, representará o 100% da cualificación |