Esta materia ten como obxectivo capacitar ao alumno para a documentación xeomática dos bens patrimoniais. Preténdese que o alumno sexa capaz de documentar as características físicas, formais e o estado de conservación do patrimonio cultural inmoble e a súa contorna inmediata.