Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea de España
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados Traballos realizados de xeito exclusivamente individual polo alumnado sobre temas monográficos en estreita relación coa disciplina e que serán obrigadamente expostos coa data da súa exposición na aula e os fará o alumno como técnica didáctica individual da impartición pedagóxica da Historia Contemporánea de España.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividades orientadas á resolución de exercicios que inclúan a resolución de comentarios e composicións de texto histórico, mapas históricos e análise e interpretación de materiais gráficos.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Debates Debates abertos dirixidos polo profesor sobre os temas teóricos en curso, co fin primordial de prepararen ao elemento discente cara a saber levar a cabo un coloquio e unha académica exposición dos seus propios criterios diante do resto da clase.
Actividades introdutorias
Titoría en grupo
Sesión maxistral Explicación dos contidos máis relevantes da materia por parte do profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000