Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
Materias
Control e automatización industrial
Avaliación
Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en función do

cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma e da preparación

previa e a actitude do alumnado. Cada práctica poderá ter distinta ponderación

na nota total.

17
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Examen final dos contidos da materia, que incluirá problemas e exercicios, con
unha puntuación entre 0 e 10 puntos.
80
Informes/memorias de prácticas As memorias das prácticas seleccionadas avaliaranse entre 0 e 10 puntos,

tendo en conta o reflexo adecuado dos resultados obtidos na execución da

práctica, a sua organización e calidade de presentación.
3

Outros comentarios sobre a Avaliación

- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no cuatrimestre. No caso de non superala, realizarase un exame de practicas na segunda convocatoria.

- A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie oficialmente a Avaliación Continua, realizarase nun exame de prácticas nas dúas convocatorias.

- Se deberán superar ambas partes (proba escrita e prácticas) para aprobar a materia, obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba. No caso de non superar algunha das partes, aplicarase un escalado as notas parciais, de forma que a nota total non supere o 4.5.

- No exame final poderá establecerse unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superar o mesmo.

- Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberá examinarse das partes non superadas na primeira convocatoria, cos mesmos criterios daquela.

Profesor responsable de grupo:

Angel Manuel
Espada Seoane

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000