Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade exposta, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 70
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

O alumno/a deberá facer as prácticas e elaborar e presentar as memorias das prácticas que se lle encomenden ao longo do curso. Permitiranse dúas faltas de asistencia a prácticas, aínda que nestes casos o alumno/a deberá facer igualmente un traballo compensatorio relacionado con cada práctica á que non asistiu, acordado co profesor correspondente.

Ademais, haberá tres probas de seguimento ao longo do curso (dúas correspondentes aos contidos teóricos e unha aos contidos prácticos), que serán liberatorias do exame final se son aprobadas polo alumno/a. O valor de cada unha das probas de seguimento será dun 30% as teóricas (15% cada unha) e un 70% a práctica. 

O alumno/a que teña pendente só algunha(s) proba(s) de seguimento, poderá recuperala(s) unicamente na convocatoria de Xuño. 

Convocatorias oficiais

O alumno/a que non supere a materia por avaliación continua terá que presentarse a un exame final, teórico-práctico. 

O alumno/a que teña superadas as prácticas, e só teña suspensa(s) algunha(s) proba(s) de seguimento, fará unha proba reducida cunha parte teórica (30% da nota) e outra práctica (70% da nota). O alumno/a que non supere as prácticas fará unha proba ampliada con valor do 100% da nota (30% a parte teórica e 70% a parte práctica).

Aclaracións

A nota final do alumno/a calcularase a partir das notas das distintas probas, tendo en conta a ponderación destas (probas teóricas 30%, proba práctica 70%). 

De calquera xeito, para superar a materia é condición necesaria superar todas as partes sen que ningunha das notas sexa inferior ao 4 (nota mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota >=5). Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior ao valor do aprobado (>=5) pero nalgunha das partes non se acadase o valor mínimo de 4, a cualificación final será de suspenso.

A modo de exemplo, un alumno/a que obtivese as seguintes cualificacións: 5, 3 e 9, estaría suspenso, aínda cando a nota media dá un valor >=5, ao ter unha das partes por baixo da nota de corte (4). Nestes casos, a nota que se reflectirá na acta será de “suspenso (4)”.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000