Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría Industrial
Grado en Ingeniería en Organización Industrial
 Asignaturas
  Química: Química
   Evaluación
  Descripción Calificación
Resolución de problemas y/o ejercicios de forma autónoma O alumnado deberá resolver de xeito autónomo, e entregar periódicamente, os problemas ou exercicios formulados polo docente.

Valoraranse tanto os resultados acadados, como o procedemento seguido na súa execución.

Dacordo ca lexislación vixente, a cualificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10.
10
Pruebas de tipo test A finalidade destas probas é avaliar o nivel de coñecementos teóricos acadado polo alumnado nas sesións de aula. Serán probas escritas tipo test, de resposta múltiple, nas que o alumno ou alumna poderá acadar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10, dacordo coa lexislación vixente.

A cualificación final será a media das cualificacións obtidas nas diferentes probas realizadas.
40
Resolución de problemas y/o ejercicios A avaliación dos coñecementos acadados polo alumno ou alumna nos seminarios de problemas, farase mediante unha proba escrita na que se deberán resolver 4 ou 5 problemas relacionados coa materia obxceto de estudo.

A proba cualificarase, segundo a lexislación vixente, cunha cualificación final numérica comprendida entre 0 e 10.
40
Informes/memorias de prácticas O remate de cada práctica o alumno ou alumna deberá elaborar un informe detallado sobre a mesma, no que se inclúan aspectos tales como: Obxectivo e fundamentos teóricos da práctica, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

Valorarase, ademais do contido, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese, a redacción e presentación do informe, así como a aportación persoal do alumno ou alumna.

A cualificación final, comprendida entre 0 e 10, será a media das cualificacións obtidas nos diferentes informes realizados ó longo do curso.
10
 
Otros comentarios sobre la Evaluación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000