Esta materia céntrase no estudio da variación das propiedades fisicoquímicas e a estructura de diversos tipos de materiais cando o tamaño de partícula se atopa entre 1 e 100 nm. Abórdanse temas coma a cuantización de estados electrónicos en metais e semiconductores e os seus efectos sobre propiedades ópticas e electrónicas, fenómenos coma o superparamagnetismo, ou distorsións de estructuras cristalinas. Presentaranse asimesmo técnicas de síntese de materiais nanométricos, fundamentalmente aquelas baseadas en métodos químicos.