Para superar a materia o profesor debe dispoñer en tempo e forma de: - Un mínimo do 80% dos entregables propostos nas distintas actividades presenciais.
- A memoria do traballo final.
Sera necesario obter un mínimo de 3 puntos sobre 10 en cada unha das probas curtas para poder ter en conta na cualificación final o resto de elementos de avaliación. No caso de non acadalo, en acta figurará o resultado das probas curtas. Un alumno que realize mais do 20% do traballo total planificado será cualificado de acordo coa lexislación vixente e, polo tanto, non poderá figurar na acta NON PRESENTADO. En calquera caso, a realización dunha das probas curtas, suporá a cualificación da materia. Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre deberán facer unha proba escrita no periodo de peche de avaliación definitivo no mes de xullo. Dita proba terá un valor do 45% da nota e substituirá aos resultados das dúas probas curtas realizadas durante o periodo lectivo. A cuallificación dos entregables (das actividades presenciais) e o traballo/proxecto non son recuperables. A cualificación final dos alumnos aprobados poderá ser normalizada de xeito que a cualificación mais alta poda ser de ata 10 puntos. A
partir dos resultados dos diferentes problemas, exercicios e traballos
propostos avaliaranse as competencias específicas da titulación A8, A19, A20, e
A24 de maneira explícita e as competencias específicas A4 e A12 de maneira
implícita. A partir do traballo final do curso xunto con outro material escrito entregado avaliaranse explícitamente as competencias B1, B4, B5, B9, B12, B14 e B16. Acompañando á documentación do curso na plataforma Tem@, poñerase a disposición dos alumnos un documento cos criterios que se utilizarán para avaliar as devanditas competencias. |