Á asistencia a máis de dúas sesións de laboratorio implica que o alumno xa está sendo avaliado, polo que, a súa calificación na acta , non poderá ser non presentado.
É necesario ter unha nota mínima (3,5 sobre 10) en cada un dos apartados da avaliación (excepto en traballos tutelados) para superar a materia; no apartado "Informes" será necesario, tamén, obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 nos informes das materias de cada unha das áreas que os avalíen; isto tamén se aplicará a segunda convocatoria. No caso de non superar a materia, a calificación na acta será a correspondente ás probas escritas e de laboratorio.
Na segunda convocatoria a avaliación levaráse a cabo do seguinte modo:
Unha proba teórica (15%)-práctica (25%) na que se avaliarán os resultados do aprendizaxe do alumno: 40%
Conservaráse a puntuación acadada polo alumno durante o curso nos seguintes apartados: seguimento do traballo de laboratorio (40%), informe de prácticas (10%) e actividades tuteladas (10%).
No caso de que o alumno non superase a materia na primeira convocatoria, entre outros, por non acadar a nota mínima necesaria no apartado "Informes", deberá presentar novos informes na segunda convocatoria. |