Tema |
Subtema |
1) Normas de hixiene e seguridade no laboratorio (1 sesión). |
|
2) Conceptos básicos do cálculo de erros nas medidas: manexo do calibre e parafuso micrométrico (1 sesión). |
|
3) Recoñecemento e utilización do material básico de laboratorio. Deseño dun caderno de laboratorio (1 sesión). |
|
4) Determinación de densidades de líquidos e sólidos (1 sesión). |
|
5) Preparación de disolucións (2 sesións):
a) A partir dun soluto sólido (concentración exacta e aproximada).
b) A partir dun soluto líquido (Ex: HCl, H2SO4, etc.)
c) Preparar disolucións diluídas das preparadas anteriormente. |
|
6) Medida da tensión superficial (1 sesión). |
|
7) Medida da viscosidade (1 sesión). |
|
8) Establecemento dunha ecuación química: estequiometría (1 sesión). |
|
9) Separación dos compoñentes dunha mestura mediante sublimación e filtración (1 sesión). |
|
10) Reaccións de precipitación (1 sesión). |
|
11) Separación dos compoñentes dunha mestura por extracción líquido-líquido (1 sesión). |
|
12) Técnicas de purificación e caracterización: Cristalización, sublimación e medida do punto de fusión. (1 sesión). |
|
13) Calor de reacción. (1 sesión). |
|
14)Destilación dunha mestura ternaria. Propiedades dos disolventes. (1 sesión). |
|
15) Estudo do equilibrio químico. Principio de Le Chatelier (1 sesión):
a) Efecto da temperatura.
b) Efecto da concentración.
|
|
16) Calores específicas de líquidos e sólidos (1 sesión). |
|
17) Extracción de lípidos presentes na xema de ovo. Métodos de extracción e identificación dos distintos tipos de lípidos.Métodos de cromatografía en capa fina de lípidos (CCF) (1 sesión). |
|
18) Volumetrías ácido-base (2 sesións):
a) Valoración de hidróxido sódico con hidróxeno ftalato de potasio.
b) Valoración de ácido clorhídrico con hidróxido sódico preparado en (a). |
|
19) Illamento de ácidos nucleicos. Método de extracción e identificación de ácidos nucleicos. Métodos de reacción colorimétricos (1 sesión). |
|
20) Determinación da concentración de proteínas en fígado de rata. Realización dunha recta patrón (1 sesión). |
|
21) Volumetrías redox (2 sesións):
a) Valoración de oxalato sódico con permanganato potásico.
b) Determinación da concentración dunha disolución de hipoclorito mediante valoración con tiosulfato. |
|
22) Illamento de glicóxeno. Extracción mediante precipitación e extracción con alcohol (1 sesión). |
|
23) Determinación da concentración de glicosa. Métodos enzimáticos específicos colorimétricos (1 sesión). |
|