Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría Telemática
 Materias
  Redes e Sistemas Intelixentes
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Tres test de avaliación sucesivos para o contido total da materia revisada no curso. O test serán individuais e de tempo limitado. O alumno poderá utilizar o material docente para preparar as súas respostas 30
Cartafol/dossier O estudante debe realizar un resumo dos contidos revisados por el ao longo do curso. 15
Traballos e proxectos Avaliación dos traballos desenvolvidos: comprensión, madurez, relevancia e orixinalidade do ensaio 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

Avaliación continua: o estudante segue a avaliación continua desde o momento en que se presenta ao primeiro test da materia.

Avaliación ao final do cuadrimestre: o alumno deberá realizar un exame e entregar unha serie de traballos que se expoñen na avaliación da materia.

Recuperación no mes de xullo: o alumno deberá realizar a parte que non superase (exame ou traballos pendentes).

A avaliación da materia é como segue:

  - Cuestionarios: haberá un cuestionario en cada un dos 3 módulos iniciais que achegará un 10% da nota final (cada un).

  - Traballo final: no cuarto módulo, cada participante terá que realizar un traballo sobre un tema proposto que achegará un 40% da nota final.

  - ePortafolio: cada participante deberá realizar un resumo da materia no blogue persoal da conta. Achegará un 15% da nota final.

  - Participación: valorarase a participación no foro de discusión sobre as cuestións que se expoñan. Achegará un 15% da nota final.

Así temos: cuestionarios (3*x10 = 30%) + Traballo (40%) + ePortafolio (15%) + Participación en foros (15%) = 100%.

Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas neste curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000