O recoñecemento de persoas a partir dos seus rasgos biométricos está introducíndose na sociedade de forma imparable polo empuxe das aplicacións en seguridade, privacidade ou interacción natural home-máquina. Debido á diferente natureza dos rasgos biométricos e as particularidades de captúra da información, o preprocesado e a comparación entre patróns ou firmas biométricas, o estudo destas tecnoloxías débese abordar cunha visión multidisciplinar. Neste curso explícanse as técnicas de procesado de sinal uni- e multi- dimensional e as técnicas de recoñecemento de patróns que están detrás dos sistemas biométricos actuais. Así mesmo coméntanse aspectos menos fundamentais e máis orientados á análise destes sistemas desde un punto de vista da súa aplicabilidade real. O principal obxectivo pedagóxico consiste en que o estudante adquira a habilidade de utilizar os seus coñecementos sobre procesado de sinais nunha aplicación na que existen condicionantes externos que impoñen restriccións de funcionamento importantes e que sexa capaz de valorar os proles e contras das decisións de deseño algorítmico que se toman nestes sistemas.