O curso está dirixido a estudantes que están interesados en realizar investigacións no ámbito de Teoría do Sinal e as súas Aplicacións. O curso pretende preparar estudantes que poidan seguir a literatura científica e que aspiren a contribuír con achegas orixinais á mesma. É por iso que se considera a elaboración dun artigo científico propio seguindo as pautas do IEEE. Este artigo deberá empregar algún dos métodos presentados no curso para resolver un problema de interese para o estudante. Os artigos serán avaliados mediante un proceso de revisión por pares similar ao empregado por revistas do IEEE. |