Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos da materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices do proxecto a desenvolver polo estudante. O estudante, mediante traballo autónomo, deberá aprender os conceptos introducidos no aula e preparar os temas sobre a bibliografía proposta. Identificaranse posibles dúbidas e resolveranse no aula ou en titorías personalizadas. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos adquiridos. O estudante adquirirá as habilidades básicas relacionadas co manexo da instrumentación de laboratorio, a utilización das ferramentas de programación e a montaxe dos circuítos propostos. O estudante adquirirá habilidades de traballo persoal e en grupo para a preparación dos traballos de laboratorio, utilizando a documentación dispoñible e os conceptos teóricos relacionados. Identificaranse posibles dúbidas e resolveranse no laboratorio ou en titorías personalizadas. |
Outros |
Actividades orientadas a grupos reducidos. O estudante adquirirá habilidades específicas para o desenvolvemento das competencias. Na primeira reunión de grupo reducido (horas tipo C) presentaranse as actividades a realizar e asignaranse os proxectos a cada grupo de 2 alumnos. No resto de sesións de grupo reducido realizarase un seguimento do traballo realizado polos estudantes, analizaranse e debateranse as posibles solucións e alternativas de deseño, identificaranse os elementos fundamentais e analizaranse os resultados. |